Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira, camiño de ser declarada Festa de Interese Turístico

MIlladoiro tocando na Carballeira de Velar
A Festa da Carballeira, camiño de ser declarada Festa de Interese Turístico

Novo paso adiante para que a Festa da Carballeira en Zas, sexa recoñecida como de interese turístico de Galicia. Máis dun ano despois da petición oficial por parte do Concello, o Consello Galego de Turismo avalou onte a candidatura zaseira, un paso previo á declaración oficial.

O Consello valorou entre outros motivos, “a súa singularidade a capacidade para amosar a cultura tradicional galega tal e como era décadas atrás onde a música ten un alto atractivo, chegando a reunir a numerosos artistas galegos e estranxeiros de raíces celtas”.

Ademais da zaseira, tamén serán declaradas en breve a Festa dos Fachós, en Castro Caldelas; a Festa da Vendima, en Leiro; a Festa da Tenreira Galega, en Láncara; da Romaría de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves, ou da Romaría do Corpiño, en Lalín.

E o Asalto?

Queda pendente a Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo, que xa ten pedida formalmente a súa declaración o pasado 2 de xullo, pero que non entrou no prazo deste curso. En todo caso, a alcaldesa vimiancesa Mónica Rodríguez recoñece que “está todo OK, a declaración segue en marcha”.

Novas relacionadas

 

Comentarios