Fins de semana de patrimonio nas Torres do Allo


A piques de rematar o que será un ano histórico na posta en valor do pazo máis antigo de Galicia, a actividade nas Torres do Allo non cesa grazas a enorme demanda e aceptación das actividades que se realizan.
O pazo zaseiro consegue atraer intelectuais de diferentes ámbitos, ser un lugar de visita obrigatorio para os visitantes que desexan coñecer a etnografía, cultura, historia e arte galega nun dos seus mellores expoñentes, e sobre todo coñecer un dos destinos máis valorados para o turismo familiar de toda a comunidade pola oferta lúdico educativa:
Tódolos días en horario de apertura (en temporada baixa está aberto os SÁBADOS, DOMINGOS e FESTIVOS de 11:00 a 19:00 horas): Visitas libres, onde poder visitar o pazo, gozar da súa arquitectura e contemplar a exposición permanente de oficios tradicionais galegos.
Tamén tódolos días en horario de apertura: O Xogo de Pistas “Os Secretos Ocultos nas Torres”. Unha visita lúdico educativa na que tódolos nen@s rematarán cunha recompensa a modo de tesouro.
En horario de apertura ás 13h e 17h: Visitas Guiadas, que permitirán coñecer o pazo máis antigo de Galicia, e o exemplo máis sobranceiro do tránsito da Idade Media a Época Moderna.
Tanto a entrada como todas as actividades son de balde.
Novas relacionadas
- Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio.
- De ruta polos pazos de Zas
- Coñecendo polo miúdo a historia da parroquia de Zas.
- As Torres do Allo segue batendo marcas de visitantes por outono.
Fonte
- Concello de Zas.