Venres. 03.05.2024
El tiempo

Francisca Riobóo e Víctor López Seoane voltarán ás Torres do Allo grazas aos Quinquilláns

Quinquillans nas Torres do Allo
Francisca Riobóo e Víctor López Seoane voltarán ás Torres do Allo grazas aos Quinquilláns

Ademais da volta das Visitas Teatralizadas ao Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín, esta ponte, Os Quinquilláns tamén volverán encher de vidas as Torres do Allo. O domingo 5 de Decembro, ás 18:30 horas dará lugar unha visita teatralizada da man de Os Quinquillans Teatro que representarán a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane; a herdeira do pazo e o seu marido naturalista.

Estarán unha vez máis para recordarnos o estilo de vida que tiñan e como eran as súas ocupacións cunha forma didáctica e con moito humor.
Unha actuación na que se pode asistir de balde e con uso obrigatoria da mascarilla reglamentada.

Comentarios