Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Fundación Juana de Vega expón o legado da muller que lle dá nome

Enrique Saez no IES de Baio coa expo da Fundacion Juana de Vega
Enrique Saez no IES de Baio coa expo da Fundacion Juana de Vega
A Fundación Juana de Vega expón o legado da muller que lle dá nome

Desde a semana pasada o IES de Baio acolle a exposición itinerante “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”,
organizada pola Fundación Juana de Vega co motivo do 150 aniversario do pasamento desta muller de gran relevancia na sociedade do século XIX.

A mostra, constituída por vinte paneis, permite á toda a Comunidade Educativa coñecer os momentos máis destacados traxectoria vital desta coruñesa ilustre e situala nun lugar que merece polas súas accións e polo seu pasamento. Ela representa a esas mulleres esquecidas ás que queremos dar luz con motivo do 8 de marzo.

Abórdase a traxectoria da súa familia, a guerra e a política de principios do século XIX; a súa voda co heroe da Guerra de Independencia, Francisco Espoz y Mina, cuxa morte a converte na viúva eterna; a súa faceta humana e intelectual, desde a súa función como coidadora da Raíña Isabel II ata a fundación de hospitais e hospicios ou a súa influencia nos círculos de poder para axudar aos máis necesitados.

Enrique Saez no IES de Baio
Enrique Saez no IES de Baio

O alumnado de 2º Bacharelato complementou a actividade coa participación o venres nunha charla a cargo de Enrique Sáez Ponte, presidente da
Fundación, na que se afondou no coñecemento deste referente feminino do liberalismo progresista da súa época, implicada en impulsar movementos sociais co fin de mellorar a vida dos máis desfavorecidos e defender os dereitos da muller, sempre coa discreción que requiría no seu tempo a súa condición feminina.

Ambas as actividades encádranse dentro do programa de actos dedicados á muller no mes de marzo desenvoltos pola Biblioteca do Centro.

 

Comentarios