O IES de Baio abre unha nova acción formativa de sistemas informáticos
07:40 07/02/23
Profesión con saída segura. Dende o IES Maximino Romero de Lema non teñen dúbida de que as formacións vinculadas á informática son de emprego seguro.
Por iso, e através do Ministerio e a Xunta, informan da nova acción, formulada para desempregados pero aberta a todo o mundo, sobre “Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos”. Son 528 horas, que se impartirán do 13 de febreiro ao 20 de xullo, de 14:30h a 19:30h no IES de Baio.
Poden pedir máis información no 881 960 015 ou en [email protected].