Martes. 16.04.2024
El tiempo

O IES de Baio aparca os contidos curriculares para celebrar a Semana Cultural

cara a triptico semana cultural 2021 ies baio
cara a triptico semana cultural 2021 ies baio
O IES de Baio aparca os contidos curriculares para celebrar a Semana Cultural

Non para o IES Máximino Romero de Lema. Despois de recibir ás Mulleres de Vidal e as Zoquiñas Vermellas de Buño, xa prepara a súa XV Semana Cultural.

Do 19 ao 21 de maio aparcan os contidos curriculares para realizar variadas e interesantes actividades co obxectivo de ampliar os horizontes do alumnado. “Acheguemos a cultura ao centro” é o lema, e máis neste estraño curso escolar nas que as saídas fóra están moi limitadas.

Haberá un pouco de todo, dende temas científicos co epidemiólogo muradán Juan Gestal e o biólogo Xurxo Mariño, pasando pola arqueoloxía de Tito Concheiro, o cine de Cora Peña, a música de Aldaolado, MJ Pérez e de Caamaño&Ameixeiras, ata un repaso ao lobo con Chisco Lema.

Desenvolveranse talleres diversos: desde robótica, manexo de drons, impresión en 3D ou videocreación ata obradoiros sobre o coidado das persoas, a profesión de intérprete, a repostería artística, a arte de debuxar palabras ou de sexualidade... entre outros.

Reflexionarán sobre a emerxencia climática e sobre a problemática do lixo mariño, Coñecerán o comportamento do lobo na nosa zona, a segunda oportunidade que poden ter os cans abandonados. Expoñeranse tácticas para facilitar a inserción laboral ao alumnado de ciclos.

En conclusión, unha manchea de actividades para aprender gozando, mantendo en todo momento as medidas de prevención marcadas polo protocolo da COVID-19.

cara b triptico semana cultural 2021 ies baio

Novas relacionadas

Comentarios