Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os mercadillos solidarios de Íntegro en Baio, todo un exemplo de economía social e sustentabilidade

cartel mercadillo solidario Integro
Os mercadillos solidarios de Íntegro en Baio, todo un exemplo de economía social e sustentabilidade
Ao longo do mes de febreiro a Asociación Íntegro celebrará cada sábado un mercadillo solidario con elementos de segunda man nas instalacións que a empresa de Xestión Social MáisPorvir ten na localidade de Baio, en Zas (Os Muíños, nº 7- O Allo).
Unha nova iniciativa solidaria da entidade, que ademais supón todo un exemplo de economía social e sustentabilidade.

Mobiliario, téxtil, lámpadas, complementos, enciclopedias ou libros a partir de 2€ serán algunhas das “gangas” que se poderán atopar neste singular rastrillo de produtos de segunda man, que permanecerá aberto ao público os sábados 4, 11, 18 e 25, en horario de 10.30 a 13.30 horas.
A recadación de cada evento irá destinada a financiar actividades de lecer, enmarcadas no programa “Vida comunitaria e social” do Centro de Recursos de Nantón, necesarias para promover a adquisición de experiencias que melloren a calidade de vida das persoas usuarias (actividades recreativas, de ocio, relacións sociais...).


 

Comentarios