Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe

Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe
Furgoneta incendiada en plena peaxe de Paiosaco Furgoneta incendiada en plena peaxe de Paiosaco

Viaxaban cara a Coruña cando apenas uns metros antes de chegar á primeira peaxe da AG-55, decatáronse de que a furgoneta botaba fume. Pararon inmediatamente, abriron o capó e intentaron sufocar o fume co extintor que levaban dentro. Non foi a tempo e as lapas comezaron a saltar do motor. Afortunadamente os dous ocupantes (un traballador e unha señora maior) xa saíran do vehículo.

A problemática facíase máis grave cando o lume comezou a “zampar” a furgoneta, nas proximidades da peaxe. Os afectados solicitaron axuda nese momento aos traballadores da peaxe de Autoestradas de Galicia, pero estes carecían dun protocolo de actuación en casos de emerxencia. O único que fixeron é entregarlle os extintores para cadros eléctricos (que teñen unha autonomía de 7 segundos) pero en ningún momento botaron unha man. Nin sequera sabían como informar aos seus superiores do suceso, e durante o altercado non deixaron de cobrar a ningún dos coches que por alí pasaban a pesar do perigo real.

"Lembro unha vez na nosa aldea de Zas que un coche tivo un problema semellante e saímos todos os veciños a axudar. É indignante que en plena autopista non fagan valer o principio de auxilio", lamentan os afectados.

Incendio dunha Furgoneta na peaxe de Paisaco

Os afectados lamentan o afán recadatorio e pouco colaborativo de Audasa, pois ademais ao remate do suceso a empresa enviaba unha carta reclamando os danos causados polo suceso: unha pegatina chamuscada.

Pegantina chamuscada da peaxe que reclama Audasa Pegantina chamuscada da peaxe que reclama Audasa

Novas relacionadas

Comentarios