Lista a Oficina Agraria de Baio

09:42 05/01/24
A Oficina Rural de Baio, no concello de Zas, ue dá servizo aos veciños dos concellos de Zas, Camariñas e Vimianzo, vén de rematar o proceso de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 105.088,26 euros.
As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, renovouse o mobiliario e instaláronse puntos de carga para vehículos. O obxectivo desta reforma é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.
