Martes. 19.03.2024
El tiempo

Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”

Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”

Este ano, na 29 edición da Festa da Carballeira de Zas, percorremos a península a través do folk. E para que nos conte como vai ser o festival celta máis importante do país, con permiso de Ortigueira, falamos cunha das organizadoras. Lupe Nieto, presidenta da A.C. Castro Meda, ademais de bailar, leva xa uns días de infarto, preparando os últimos detalles na mítica Carballeira de Velar.

Este ano hai doble prato forte: a emotiva celebración dos 20 anos dos Cempés, e a participación dunha banda épica en Zas: A Quadrilha. Todo para facer unha festa especial, unha festa na que a boa música se combina coa troula para facer unha noite máxica.


  • QPC: Moi boas Lupe. Bueno, afrotando os últimos días antes da Festa da Carballeira, e supoño que xa estará todo preparado?

Xa estamos a voltas coa Semana Cultural, e precisamente estes días estiven dando clases de baile tradicional. Ademais estamos cos últimos preparativos na Carballeira, instalandos os chiringuitos... Pero xa está case todo listo.


  • QPC: 29 anos son moitos anos... Lembras con especial intensidade algunha edición en particular?

Para min tódolas Carballeiras son especiais. Pero bueno, hai algún ano que lembro con especial cariño, como o ano que empecei a coordinar, que debeu ser no 2005 cando collín a presidencia da AC Castro Meda. Recordo que foi un estrés porque o tema dos grupos non o levaba moi. Eu levaba toda a vida na Carballeira pero non coñecía moitos grupos que puideran vir, algo que cos anos foise solucionando.

Ademais lembro moitas Carballeiras, festas que se lembran por anécdotas, como o ano do apagón, ou o ano que chovíu. Recordo que unha banda asturiana nos preguntaba: "Cobrades e chove a cántaros... Pero vai vir alguén?".

Aparte os recordos da organización son diferentes. Nós vivimos un festival que vai en paralelo ao que vive todo o mundo, e a verdade é que nós non podemos vivir a festa doutra forma. Se cadra non saberíamos só disfrutala.


  • QPC: Este 2012 ten un par de citas máis especiais, por emotiva e histórica, que outras, non si?

A verdade é que si. Por unha banda estamos moi contentos de que Os Cempés decidisen volver a unirse. Xa o ano pasado cando o anunciaron, era un pouco tarde para traelos, pero os vimos en Fisterra, disfrutamos moito e decidimos que este ano si que virían. Ademais xa non é a primeira vez que veñen, penso que será a 3ª. A última foi no 2004.

Pero ademais, A Quadrilha en Zas é A QUADRIILHA, en maiúsculas. Aquí a Quadrilha, son moito, xa levan 3 veces, empezaron no 97, repetiron no 2002 e no 2008, no 25º aniversario, onde tiñan que estar si ou si.


  • QPC: Por que en Zas hai grupos míticos que non encaixan ben, e hai outros, que sen embargo, conseguen encandilar aos especial público da Carballeira, non?

En Zas non funciona todo igual, hai cousas que funcionan mellor que outras, pero sobre todo funciona cando se implica os músicos ca xente. A empatía é fundamental, e por exemplo, A Quadrilha, saber quedarse ca xente. Eles en Zas están tan implicados que xa nos dedicaron cancións. Por exemplo, naquel 2008, baixaban a ventanilla da furgoneta, e escoitaban as cancións da xente que vai cantando cara a Carballeira. E un par de horas despois estaban tocándoas no escenario. Son músicos de verdade. Outro detalle desta banda é que o seu cantante é cego, algo que xa saberán case todos, pero non deixa de ser flipante.

E Os Cempés seguro que tamén triunfan. Non creo que se convertiran en divos, e son xente saben adaptarse ás circunstancias de cada concerto. E seguro que se a xente salta, eles saltan máis.


  • QPC: Troula ou boa música?

As dúas, pero unidas. A boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas. Nós temos unha Carballeira chea de festa, para escoitar boa música, pero tamén para armar festa, e os que veñen teñen que entender que non é o mesmo tocar no Teatro Colón que na Carballeira. Se cadra xentes como Carlos Núñez ou Emilio Cao non encaixan tanto na Carballeira.


  • QPC: Ademais, desta volta percorremos a penísunla a través do folk, non?

Galicia, Euskadi, Portugal e volta a Galicia. Tentamos ir de un lado a outro, pero o público de Zas teñen preferencias, e os grupos portugueses e vascos son dos preferidos. O ano pasado Korrontxi arrasaron e iso que non eran os cabeza do cartel. Ademais, aos grupos vascos encántalle vir a Galicia porque a xente aquí se implica máis, e alucinan que se fagan concertos de folk ás 4:00h da mañá... eaínda que chova...


  • QPC: Bueno, e como serán os horarios daquela?

Arrincamos ás 22:00h, con Mághua, e de aí endiante. Os segundos irán Os Cempés, de contado subirán ao escenario Xarnege, para deixar paso A Quadrilla. O fin de festa será arredor das 5:00h co speed folki dos Ultraqans.


  • QPC: E non podemos esquecer a tarde tradicional...

Por suposto, dende ás 18:00h abrimos a Escola de Baile da asociación Castro Meda. Ademais completarán a tarde o grupo de baile Chorima de Rois, e o Grupo de Gaitas San Xoán de Ouces.

E ollo que o venres ahi concerto de A Banda de Balbina.


  • QPC: Cousas prácticas: entrada co disco de cada ano?

Este ano a entrada será de 7€ co regalo do disco escolma das bandas. E animamos a que a xente apoie á organización e non se faga tanto botellón, que senón non se poden facer festivais.


  • QPC: Pois que lle podemos dicir aos lectores de QPC para que veñan a Carballeira de Velar?

Lume, festa, boa música, boa comida, e boa bebida, e por suposto "Eiiiiiii Carballeiraaaa!!!"


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios