domingo. 01.12.2024
El tiempo

Mago de Oz arrincou unha espectacular Carballeira de Zas

Mago de Oz arrincou unha espectacular Carballeira de Zas
O venres da Carballeira de Zas Se así estaba o venres a Carballeira de Velar, como estará o sábado pola noite

A pasada noite deron comezo os concertos inaugurales desta 33ª edición da Carballeira de Zas, que este ano como novidade durará dúas xornadas.

Abrían o espectáculo O ghusto do Boi, dando paso logo á Banda Crevinsky, Mago de Oz e Ruxe Ruxe. Especial expectación levantaba o grupo madrileño Mago de Oz, moi coñecido entre o público de todas as idades a nivel nacional e internacional. Desde as nove da noite que tivo comezo o espectáculo, moitos foron os asistentes que se achegaron ao recinto, tanto coa súa entrada xa comprada anticipadamente, como para adquirila nese mesmo momento.

Tamén no camping víanse as primeiras tendas de campaña, dispostos a pasar dous días cheos de festa e música folk.

Carballeira de Zas

Un saábdo completo

Os actos seguen hoxe durante todo o día, comezando cunha sesión vermú e unha mejillonada gratis para todos os asistentes. Estará amenizada por O ghusto do Boi, e a Orquestra Vos Modernos, Premio Martín Códax 2016 na categoría de música de verbena.

Ao longo da tarde, estarán presentes a feira de artesanía, o mercado ecolóxico e unha festa infantil para que os máis pequenos tamén se divirtan nesta novedosa edición da Carballeira de Zas.

Por suposto, tamén haberá música: estarán amenizados por Ce Orquestra Pantasma e unha gran foliada na que participarán os grupos folk dos alrededores. Xa para os concertos da noite, especial expectación levantan Steve’N’Seagulls na que será a súa primeira actuación no país: trátase dun grupo finlandés que se converteu en viral a través de internet, versionando cancións míticas con instrumentos caseros. Estarán acompañados doutro grupo internacional, Skerryvore, escoceses considerados a banda nova máis prometedora do país. Respecto ao panorama nacional, estará en cartel o mellor da nosa música: Luar na Lubre, acompañados de Andrés Penabad e Pelepau.

Os asistentes que non teñan a súa entrada aínda, poderán adquirila en taquilla a un prezo de 8#, e cabo recordar que os menores non entrarán ao recinto si non van acompañados dun responsable maior de idade. A organización espera pechar esta noite unha edición histórica, con record en asistencia e un dos mellores carteis que se poden ver hoxe en día en canto á nosa música refírese.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios