Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Máis de 100 participantes no programa de actividades de Zas van de excursión

Máis de 100 participantes no programa de actividades de Zas van de excursión
excursion-Zas 108 veciños e veciñas de Zas visitaron o martes as localidades de Combarro, Sanxenxo e a Toxa Unha excursión por Combarro, Sanxenxo e a Toxa puxo fin o pasado martes ao programa de actividades do concello de Zas. Un total de 108 veciños e veciñas, acompañados do alcalde, realizaron esta viaxe lúdica e cultural polo sur de Galicia. O programa de actividades posto en marcha polo concello de Zas a través da concellería de Servizos Sociais, desenvolveuse entre os meses de outubro e maio. Ximnasia, ximnasia terapéutica, pilates, manualidades, cociña, bordado, calceta, bailes de salón, guitarra e a escola de memoria son algunhas das máis de 20 actividades que se ofertaron neste curso. Unha vez entregados os diplomas de participación e realizada a excursión de fin de curso, toca expoñer os traballos realizados. E iso, como sempre, será durante a Semana Cultural que se organiza ao redor da Festa da Carballeira de Zas. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios