Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses

Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses
A maior parte dos visitantes das Torres do Allo proceden de distintos puntos da comunidade galega A maior parte dos visitantes das Torres do Allo proceden de distintos puntos da comunidade galega As Torres do Allo recibiron nos últimos tres meses un total de 929 visitantes. Durante dito periodo, o edificio abriuse unicamente nas fins de semana, a excepción da Semana Santa. A maior parte dos visitantes, un 87%, proceden dende distintos puntos da comunidade, sendo a cidade de A Coruña, con 309 persoas, os máis representativos. Dende distintos puntos da Costa da Morte chegaron máis do 29% do total dos visitantes dos últimos tres meses mentras que o 16,57 % foron do propio municipio. En canto aos visitantes nacionais, Madrid é o principal lugar de orixe. O resto de procedencias repártense por Navarra, Asturias, León, Zamora, O Bierzo, Bilbao, Barcelona, Cáceres, Tenerife e Salamanca. O visitantes internacionais procederon principlamente de Alemaña e Arxentina. O concello de Zas, a través da súa concellería de Cultura, é o encargado dende fai uns meses de xestionar as visitas e da difusión deste senlleiro edificio. Unha das actividades postas en marcha é o proxecto “Pazos da Terra”; un programa de visitas guiadas teatralizadas que se realizarán todos os domingos ás 19:30 horas da man da compañía Os Quinquilláns. O pazo está aberto ao público de luns a domingo en horario de 11 a 20 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios