Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 350 persoas son socias da Biblioteca de Zas

Os Contacontos infantís son uns dos grandes atractivos da Axencia de Lectura de Baio e Zas.
axencia-lectura-baio
Máis de 350 persoas son socias da Biblioteca de Zas

Máis de 900 libros foron emprestados durante o ano pasado polas Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio. Unhas Bibliotecas que contan 9.500 títulos que, ao estare incluídas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, se poden consultar en liña.

Ademais, cada vez son máis usuari@s os que participan no intercambio. A día de hoxe son máis de 350 soci@s (40 novas altas este ano tanto do  municipio coma doutros da contorna), d@s cales máis de 100 son prestameiros activos.

Contacontos infantís

Os Ratiños de Lonxedetodo en Zas

Un dos grandes focos de atracción son os contacontos realizados cada ano cos Ratiños de Lonxedetodo, da compañía Trinke Trinke, gracias a formaren parte do programa de dinamización da lectura “Ler Conta Moito”.

Uns Ratiños que vovlerán  unha nova sesión de contacontos infantil que leva por título “Un invento para chegar ao ceo”. Serán o 23 de xaneiro na Axencia de Lectura de Baio e ao día seguinte, o 24, na Biblioteca Municipal de Zas. As sesións comezan sempre ás 18:00 horas.

Comentarios