Máis de doce horas de música para pechar a Festa da Carballeira
éxito da primeira xornada, o 41ª edición da Festa da Carballeira de Zas amencía o sábado xa ás 12:00h, cunha programación de marcada vocación familiar. O público gozou sucesivamente do espectáculo de Paco Nogueiras, a música e o canto tradicional de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, a animación itinerante de Cé Orquestra Pantasma e o show de Mago Teto. A Foliada colleu despois o relevo, enchendo a carballeira de cantareiras e música popular, antes de que a enerxía de Alana pechase a tarde.
En paralelo, os asistentes puideron percorrer durante todo o día o Mercado da Deputación da Coruña, unha das novidades máis celebradas desta edición, que se sumou ao tradicional mercado artesanal do festival. Con máis de 50 casetas de artesanía e produtos locais instaladas no centro do recinto, o mercado converteuse nun dos puntos de maior concorrencia, xunto coa zona gastronómica.
Grandes directos de tarde e noite
Cando caeu a tarde, o escenario principal tomou o protagonismo cos grandes directos da edición. O esperado regreso aos escenarios de Radio Cos abriu o tramo nocturno, dando paso a continuación aos ritmos irlandeses do cuarteto BackWest.
Xa ben entrada a noite chegou un dos momentos máis esperados de todo o fin de semana: as viguesas Fillas de Cassandra pisaron por primeira vez o escenario da Carballeira de Zas para presentar o seu novo traballo, Tertulia, ante un público que encheu o recinto para vivir en directo a súa música. A sesión de Señora DJ puxo, xa de madrugada, o punto final á festa.
Cun balance moi positivo e unha gran resposta de público ao longo de toda a fin de semana, A Carballeira despídese cun bo sabor de boca e coa mirada posta xa na cita de 2027.
Histórico da Festa da Carballeira
- Carballeira 2025: A Festa da Carballeira de Zas cumpliu a 40ª edición ratificando a súa autenticidade
- Carballeira 2024: A Festa da Carballeira para toda a familia
- Carballeira 2023: A Festa da Carballeira volveu convertir Zas na capital mundial do folk e o tradi
- Carballeira 2022: Zas quedou pequena para a gran volta da Festa da Carballeira
- Carballeira 2020: A Festa da Carballeira, a 12ª Festa de Interese Turístico da Costa da Morte.
- Carballeira 2019: Crónica: Tradición e vangarda déronse a man na 36ª Festa da Carballeira de Zas.
- Carballeira 2017: A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz.
- Carballeira 2016: A Carballeira de Zas bate marcas.
- Carballeira 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- Carballeira 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- Carballeira 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
- Carballeira 2010: A Carballeira, a xornada máis festexeira.
- Carballeira 2009: A Costa enteira vivíu a festa do folk.
- Carballeira 2008: Zas mundializa o folk.