xoves. 29.01.2026
El tiempo

A 41ª Festa da Carballeira arrinca con renovación da directiva, a confirmación das datas e a aposta polo “tardeo”

Tardeo de Foliada na Carballeira de Zas
Imaxe dun concerto da Banda da Loba nos tardeos da Festa da Carballeira de Zas
A 41ª Festa da Carballeira arrinca con renovación da directiva, a confirmación das datas e a aposta polo “tardeo”

Son xente da casa, que levan toda a vida vivindo a festa dende dentro. E dan un paso adiante porque había que facelo. Co axuda de Fidel Otero, a día de hoxe unha das grandes almas da entidade que sen o peso da presidencia parece que recupera a ilusión, e que seguirá como secretario, un grupo de amigos de Zas, de entre 30 e 40epoucos anos, toman o relevo ao mando da Asociación organizadora da Festa da Carballeira de Zas.

O grupo estará presidido por Diego Blanco, que compaxina a presidencia coa do AD Monte Brondo e o TRail da Filloa e a AVV Barolo de Loroño. Ao seu carón estará Óscar Brenlla, vicepresidente, Susana Otero como tesoureira, e Fernando Nieto, Martín Domínguez, Alba Rama e Brais González como vogais, ademais do propio Fidel. Un bonito equipo de amigos que levan mamando esta festa e que agora toman o timón para garantir a súa continuidade da súa esencia pero tamén a súa continua evolución.

”Tiñamos claro que necesitabamos un equipo completo e teño a sorte de contar con bos amigos, que intentaremos repartir as tarefas e profesionalizar certas áreas. É certo que a Carballeira non existe sen o voluntariado, que xa forma parte da identidade da mesma, pero cremos que hai que profesionalizar algúns aspectos… É que xa collemos unha envergadura que é difícil manter só con voluntarios”, explica.

Calidade fronte a cantidade

A realidade é que o pasado ano houbo 7.000 entre dous días. “A verdade é que mon se pode medrar demasiado, se queremos ofrecer un servizo de calidade polo que apostamos. A calidade musical e de servizos é esencial, que a xente estea cómoda”, sinala dando conta da súa declaracións de intención.

”O tardeo está de moda”

A 41ª edición da Festa da Carballeira xa ten data: os días 7 e 8 de agosto de 2026. Van 10 anos dende que a festa tomou este formato no que a sesión vermú e a tarde do sábabo cada vez collen máis protagonismo. “O que funciona non se lle debería tocar e vemos que o tardeo está de moda”, bromea. ”Si que analizamos cousas que se poderían mellorar, tema de colas… pero o fondo é chegar ao mesmo, e a idea é manter o formato de 2 días, apostando polo sábado á tarde, sen dúbida, case é a nosa marca agora, con esa cita familiar para todas as idades con foliada, concertos e actividades.
En canto ás noites, a do venres volverá ter tintes máis rockeiros pero a do sábado manterá a esencia máis tradicional e máis folk.

Xa teñen pechado case todo, así que en breve iremos coñecendo os nomes que soarán no escenario máis bonito de Galicia, a carballeira de Velar.

Festa da Carballeira de Zas na Carballeira de Velar 2025
Festa da Carballeira de Zas na Carballeira de Velar 2025

Máis novas da Carballeira

Comentarios