Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira volveu convertir Zas na capital mundial do folk e o tradi

Red Hot Chilli Pipers na Carballeira de Zas
Red Hot Chilli Pipers na Carballeira de Zas
A Festa da Carballeira volveu convertir Zas na capital mundial do folk e o tradi

Máxicas as dúas xornadas que se viviron este venres e sábado na carballeira de Velar. O marabilloso anfiteatro natural acollía a 38ª edición da Festa da Carballeira, unha desas citas imprescindibles para todos os amantes da tradición e da música folk da comarca, pero tamén para moitos outros visitantes do resto de Galicia.

Publico na Carballeira de Zas 2023
O anfiteatro natural que forma a carballeira

O venres arrincou a noite da man do humorista e actor zasense Roi da Costa, encargado de prender a chama público dende o primeiro momento ata metelo no peto. A primeira actuación musical veu da man de The Rapants, co e estilo entre entre pop, garage e disco fixo unha perfecta apertura de boca e deixou con ganas de máis ós asistentes que se viñeron arriba cos escoceses Red Hot Chilli Pipers. Este grupo composto por 9 integrantes mostrou un son sen parangón dentro da Carballeira de Velar, facendo vibrar o publico versionando clásicos do rock de grupos como Journey ou AC/DC.
O final da noite do venres veu da man dos galegos Dios Ke Te Crew, que puxeron o punto e seguido máis canalla para deixar os asistentes con ganas de máis festa para o sábado.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Sábado tradicional 

A xornada do sábado é máis completa e familiar. Pronto, á hora do vermú, xa se podía disfrutar da artesanía máis auténtica da volta, da tradicional mexilloada, e da música e pasarrías dos Os Enxebres, Uxía Lambona e a Banda Molona, o trío Caldo e Cé Orquestra Pantasma, que fixeron que tanto os máis cativos da casa, como os maiores, pasasen unha xornada divertida e festiva, bailando sen parar.

A media tarde dou paso a Gran Foliada con Churía, Os Petadores, Os Farrapos e Os Enxebres, onde un gran número de asistentes se uniu para bailar e tocar co a música galega máis tradicional. A sesión de tarde acabou co grupo de música tradicional Pansenfron, Pandeiretas sin fronteiras.

Os concertos da noite comezaron forte, con Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes os que o público respondeu con enerxía e ganas, foi a entesala para recibir a banda irlandesa de rock celta e tradicional Uncle Bard & the Dirty Bastards, que fixeron erguer e bailar a unha carballaeira abarrotada coma nunca, que seguiu o ritmo ata finalizar cos galegos Ruxe Ruxe, que puxeron o broche de ouro e punto final da 38 edición da Festa da Carballeira.

Festa da Carballeira de Zas 2023

A vila zaseira xa pensa na edición 39!.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios