Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Máis dun centenar de nen@s zaseir@s disfrutaron dos campamentos urbanos

festa-fin-campamentos-urbanos-Zas
Imaxe da festa de fin de campamento
Máis dun centenar de nen@s zaseir@s disfrutaron dos campamentos urbanos

Vai rematando a programación cultural posta en marcha polo Concello de Zas durante os meses de xullo e agosto. Foron dous meses moi intensos cunha gran oferta de actividades para toda a familia. Pero sen dúbida unha das de maior éxito foron os campamentos urbanos de conciliación que se realizaron nas Torres do Allo.

En total participaron máis de cen nenos e nenas tanto de Zas como doutros concellos limítrofes. Realizáronse catro quendas de dez días naturais e, aínda que en cada unha delas se trataron temáticas diferentes, todas incluíron actividades de xénero, medioambientais e cívicas. Os campamentos, que se realizaron en horario de mañá, estiveron guiados polos monitores e monitoras da empresa Divir-TT.

Os campamentos despedíronse onte ata o próximo ano cunha gran festa celebrada nos exteriores do pazo das Torres do Allo e á que asistiron unha boa parte dos nenos e nenas que participaron nas diferentes quendas. Houbo de todo: inchables, festa da escuma e unha gran sesión musical co DJ Rokiño.

Comentarios