Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Mallou estrea os concertos de verán das Torres do Allo

Mallou banda
Mallou estrea os concertos de verán das Torres do Allo

Este venres 12 de Xullo ás 20:00h as Torres do Allo terá o seu primer concerto deste verán con Mallou.

Mallou é un dúo formado na Barbanza por Sabela Bello e Benjamín Vázquez. Conxugan temas propios con clásicos da música popular galega; cancións de Amacio Prada, Xoán Montes Capón, Suso Vaamonde e Fran Perez “Narf”, entre outros.

Toman o nome do gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela Mallou é un proxecto sutil, contido e intenso. As dinámicas, o aire e o latexo da propia música son elementos que forman parte da súa maneira de entender as cancións. Mallou reinterpreta a tradición da música popular dende un profundo respecto ás súas raíces. Na súa maneira de crear, entender e arranxar, percíbense como as diversas influenzas musicais, xunto coas súas sensibilidades, pasan a forma parte dunha viaxe sonora que mestura elementos clásicos con outros máis modernos.

A entrada é de balde e está dirixido a todos os públicos.

 

Comentarios