Martes. 19.03.2024
El tiempo

En marcha a 5ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas
En marcha a 5ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

Xa é todo un referente na comarca e en boa parte de Galicia. A Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” abre o prazo de presentación para as compañías e/ou grupos galegos de teatro amateur nesta a súa 5ª edición. Un xeito fantástico de fomentar a creación cultural no eido das artes escénicas.

Seleccionaranse 5 finalistas que se representarán os días 18 e 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio distribuídas nos auditorios de Baio e de Zas. A entrega de premios terá lugar o 31 de maio a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Baio.

Repartirasen 3.500€ nos 6 premios, sendo o máximo premio de 900€.

O prazo está aberto ata o 20 de marzo, e os/as interesados/as en participar poden consultar as bases e descargar os anexos a través da páxina web do Concello de Zas ou contactar coa organización no enderezo [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios