Luns. 14.10.2019
El tiempo

Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado

Foto da familia do teatro afeccionado pechou a IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose
Foto da familia do teatro afeccionado pechou a IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose
Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado
Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado

Este domingo tivo lugar a entrega de premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. A cita que pecha dous meses de proposta cultural cos mellores grupos do teatro afeccionado galego. A cita coincidiu coa clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil, dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto, e na que os nenos e nenas interpretaron cinco obras de teatro nas que a comedia estivo moi presente. Feito que provocou o cheo absoluto no Auditorio de Baio.

Foron 43 as obras presentadas ao certame, e o xurado (formado por Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en funcións; Fidel Otero Pazos, técnico do Concello de Zas; Ricardo Vigueret Gil, membro do grupo de Teatro Badius; Alberto Villar López, membro do grupo de Teatro Badius e Pablo G. Soto Videla, membro do grupo de Teatro Badius) tivo que escoller 5 finalistas. Finalmente, “Insania”, “Chicago” e “2010” foron as grandes triunfadoras.

Estes foron os premiados:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma): “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán.
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma): “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma): “O Xogo de Versalles”, de Gargallada Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma): “Bolboretas, a vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma): Juan J. Váquez, pola súa interpretación na obra “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma): Almudena Martínez Gálvez, pola súa interpretación na obra “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia.

Novas relacionadas

Comentarios