Sábado. 27.07.2024
El tiempo

María Rivas pon a empresa tecnolóxica Azura Tech de Zas como exemplo de innovación

Cristian Gil Rey coa Delegada do Goberno María Rivas en Azura Agro Tech 1
A Delegada do Goberno María Rivas con Cristina GIl Rey Azura Agro Tech 1
María Rivas pon a empresa tecnolóxica Azura Tech de Zas como exemplo de innovación

Achegouse a Zas a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, concretamente o invernadoiro e as instalacións que a empresa tecnolóxica Azura Tech ten en Zas. Fíxoo no marco das visitas para promocionar as axudas do programa programa ‘Kit Digital’, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través do organismo Red.es. Rivas sinalou que agora as empresas que teñen entre 50 e 250 traballadores poderán pedir as axudas de ata 25.000 e 29.000 euros.

Durante a visita a esta empresa zaseira, que podería solicitar unha axuda de 3.000€ como empresa de menos de 3 empregados, a creadora de Azura Tech, a bergantiñá Cristina Gil, deulle a coñecer de primeira man a actividade de esta consultora Agrotech que pon a tecnoloxía ao servizo da produción agrícola. A empresa realiza estudos sobre o consumo de auga de especies autóctonas de pementos e tomates, así como a resistencia ás pragas ou ás virosis. E faino a través de ferramentas de intelixencia artificial que monitorizan en todo momento o crecemento das especies e facilitan o estudo das mesmas. O obxectivo final é fomentar a agricultura ecolóxica, poñendo a información recollida a disposición das e dos produtores ou de outras empresas de asesoramento para a implementación de solucións para os cultivos de vexetais.

Cristian Gil Rey coa Delegada do Goberno María Rivas en Azura Agro Tech

Cristina Gil tamén explicou o carácter social e comunitario de este pequena empresa tecnolóxica, xa que realizan talleres a transferencia do coñecemento adquirido a toda a comunidade agraria, pero tamén se levan a cabo actividades específicas con persoas en risco de exclusión social, ou entidades que promoven a inclusión das persoas con discapacidade.

María Rivas resaltou que son este tipo de empresa as que axudan a poñer en valor os nosos produtos, o noso rural, ademais de contribuir a visibilizar tanto ás mulleres no ámbito rural, como ás mulleres na ciencia e na tecnoloxía polo que “son pequenas iniciativas con un altísimo valor ” que deben ser apoiadas.

Comentarios