Venres. 29.03.2024
El tiempo

Martín Souto Souto: "A seca é catastrófica para a micoloxía"

Martín Souto Souto: "A seca é catastrófica para a micoloxía"
martin-souto-micologo Martín Souto Souto - natural de Xornes-Ponteceso - é biologo e botánico da USC e experto en micoloxía Todo estaba preparado para que esta fin de semana se desenvolveran en Zas as 4ª xornadas micolóxicas organizadas pola asociación de veciños Barolo de Loroño-Zas. Pero houbo un imprevisto: o tempo. A  seca destes días obrigou a retrasar ata o 10 e 11 de novembro esta actividade guiada por Martín Souto Souto; biólogo, botánico da USC, experto en micoloxía e natural de Xornes (Ponteceso).
  • QPC: Que se aprende neste tipo de xornadas?
En xornadas coma estas hai xente que xa sabe de cogumelos e hai xente que se adentra neste mundo por primeira vez. Entón, sempre comezo cunha introducción á micoloxía explicando que son os fungos, onde viven, que comen, que non son prantas nin animais,... e tamén lles falo sobre as especies típicas e ensínolle a diferenciar os cogumelos tóxicos dos comestibles. Éste é un mundo demasiado grande para contalo todo nunha charla.
  • QPC: Como lle afecta esta seca á micoloxía?
A seca é catastrófica para a micoloxía. Para que houbese cogumelos nesta época tiña que chover a finais de agosto e a principios do mes de setembro. Levamos máis de dúas semanas sen chover e, polo tanto, non saen os cogumelos. Este clima que temos estes días é máis propio de xullo e agosto que de outubro. Estamos ante unha mistura entre o cambio climático e os fenómenos climatolóxicos. Podemos dicir que é un ano anormal. 
  • QPC: Con este panorama climatolóxico, como se espera que sexa a campaña de recollida de setas deste ano?
En canto caian as primeiras choivas consistentes hai que esperar un mínimo de 5 ou 6 días a que se enchoupe o terreo para que medren os fungos. É dicir, unha semana ou dez días despois de que choiva saen os cogumelos. Dependemos de que comece a chover.
  • QPC: Existe algunha variedade de cogumelos propia da Costa da Morte?
Os fungos, ao reproducirse por esporas, poden nacer en calquera lado. De todas formas, a zona da Costa da Morte está moi ben conservada e ainda quedan hábitats nos que se dan ben unha gran variedade de especies. Nos pinares de costa e con sistemas dunares saen especies pouco azotadas.
  • QPC: E a pregunta o millón... hai algunha zona da Costa da Morte á que podamos denominar como a capital dos cogumelos?
Tanto como capital.... Os cogumelos son un pouco caprichosos e nacen onde lles parece. Cada recolector de setas ten o seu pequeno coto que soe ser segredo. Mentras o hábitat non cambie, nacen sempre nos mesmos sitios. Nós vemos os cogumelos no outono, pero o fungo vive no terreo durante moito tempo. Así que non queda outra que patear monte e unha vez que os atopes, recordar o lugar e as datas exactas. 
  • QPC: Ir recoller setas ao monte é unha actividade que está cada vez máis en auxe. Cres que está o suficientemente explotada?
En Galicia nunca houbo moita tradición de recoller cogumelos. Coñecíanse tradicionalmente como pan do lobo, pan do demo,... En cambio noutras zonas, como no País Vasco, Cataluña, Francia,... é o "hobbie" favorito de toda a familia. Aquí están sen explotar moitas das actividades relacionadas coa micoloxía como o micoturimo, a gastronomía, a fotografía, o sendeirismo,...
  • QPC: Hai comunidades que incluso teñen decretos que regulan a recollida de cogumelos.
Fai uns anos a Xunta de Galicia lexislou a recollida de cogumelos e estableciu zonas acotadas. Para recoller nesas zonas é necesario pertencer a elas ou pagar polos quilogramos recollidos. De todas formas, ainda non se extendeu xa que non hai territorios grandes que compense acotalos. Estas zonas están sinalizadas. Xornadas en Zas As cuartas xornadas micolóxicas de Zas realizaranse os días 10 e 11 de novembro. Comezan o día 10 ás 20:30 horas no centro sociocultural de Zas cun relactorio a cargo de Martín Souto Souto. Xa o sábado, día 11, toca a parte práctica das xornadas. Ás 15 horas realizarase unha saída pola zona na que os participantes recollerán cogomelos. O regreso será ás 19:30  horas para a exposición e identificación das especies recollidas. A continuación, os participantes desfrutrarán por 10€ dunha cea a base de cogumelos no restaurante Tívoli de Zas. O prezo das xornadas é de 10€ e para participar é imprescindible anotarse nos números de teléfono 606 88 97 07 ou 677 11 54 11. Por outra parte, tamén se amplían as datas para participar nos concursos que se enmarcan dentro destas xornadas. Así, o 9 de novembro será a data límite para enviar as imaxes que participen no II concurso de fotografía micolóxica. O mesmo pasa cos nenas que participen no II concurso de debuxo micolóxico. As bases dos dous certames poden consultarse na páxina de Facebook da asociación de veciños de Loroño. Máis información Novas relacionadas Fonte

Comentarios