Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Medio Ambiente organiza en Baio un obradoiro participativo para a elaboración das directrices da paisaxe

Medio Ambiente organiza en Baio un obradoiro participativo para a elaboración das directrices da paisaxe
obradoiro directrices paisaxe zas A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza para o vindeiro mércores, 13 de abril, un obradoiro participativo de cara á elaboración das Directrices da Paisaxe. Terá lugar de 19:30 a 21 horas na aula de informática do Centro Sociocultural de Baio - Zas-. Os participantes que se acheguen ata esta actividade poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, é dicir, as súas preferencias en canto ás características paisaxísticas da súa contorna, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe. No obradoiro poderá haber un total de 10 participantes. Os interesados en asistir deben inscribirse antes do mércores 13 de abril ás 14 horas ou ata cubrir prazas chamando ao concello de Zas, 981 708 303 (Isabel) ou no 699 456 785 (Germán).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios