Mestra a escritora

Alumnado do IES de Baio participando cos mobiles na presentacion da novela de Lola Rontano

Esta semana o alumnado de Baio tiveron unha situación interesante. A súa mestra de francés púxose o traxe de estrella literario que lle outorga ter gañado o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lengua Castellana. Lola Rontano tivo dous encontros co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, para que coñeceran mellor a novela.

A presentación serviu para facer un resumo da trama da novela, coa axuda dunha presentación e do o booktrailer. A parte máis lúdica chegou co xogo kahoot, co que a rapazada utlizaba os móbiles para ir acertando como lle chaman na Arxentina a certas roupas ou comidas.

A escritora marchou xa para Murcia, pois este sábado ten unha presentación na súa vila natal, e o día 30 fará unha nova presentación en Tarragona.

Seguimos pendentes das presentacións na comarca e en Galicia, que irán chegando en breve.

Novas relacionadas

Outros artigos de Lola Rontano en QPC

Outras novas literarias