Martes. 14.07.2020
El tiempo

Mexillóns, churrasco e foliada para a sesión vermú da Carballeira

Mexillóns, churrasco e foliada para a sesión vermú da Carballeira
Ce Orquesta Pantasma na sesion vermu do ano pasado da Carballeira de Zas Cé Orquesta Pantasma na sesion vermu do ano pasado da Carballeira de Zas

Segue collendo forma a 34ª edición da Festa da Carballeira de Zas. E unha das cousas máis singulares será a sesión vermú do sábado, cargada con 500 kilos de mexillóns. A organización organiza de balde esta mexilloada (entre as 13:00h e as 15:00h) para poder coller folgos e bailar a gusto coas bandas Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Ce Orquestra Pantasma.

Ademais, poderase desfrutar da cociña tradicional galega presente na Festa da Carballeira de xeito tradicional a través dunha gran churrascada.

A partir das 18:30 da tarde terá lugar a tradicional foliada, que reunirá como cada ano numerosos grupos e asociacións musicais tradicionais. Esta xuntanza, é tradicionalmente unha das máis multitudinarias de Galicia, na que se unen diferentes artistas sen importar a idade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios