![]()
Os baieses e baiesas xa están preparados para unha das romarías máis esperadas do ano; a
Festa da Carballeira que tanto dou que falar na vila ao longo dos últimos meses antes de que
o concello de Zas comprase o terreo.
Este ano, da organización da festa encárgase o concello de Zas despois de que a
asociación cultural Adro lle comunicara aos socios que non organizaba a festa por falta de tempo cando propietarias e administración se atopaban en plena fase de negociación.
Como vén sendo habitual, a festa comeza coa actuación do grupo de gaitas da asociación cultural Adro de Baio e continúa cunha sesión vermú a cargo do dúo D`Festa. E mentras os centos de romeiros e romeiras desfrutan da sobremesa volven a amenizar a tarde os gaiteiros de Adro, a charanga Os Celtas e outra que está por confirmar. A partir das 21 horas, a música correrá a cargo de novo do dúo D´Festa que compartirá escenario co trío Élite.
Co fin de preservar a carballeira como a súa contorna, así como para que todos e todas desfruten da festa, os organizadores non permitirán instalar equipos musicais, instalar carpas pechadas nin facer lume no chan.
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).