Luns. 06.05.2024
El tiempo

A música, o teatro e as visitas teatralizadas dan máis contido ás Torres do Allo

Visitas Teatralizadas nas Torres do Allo Zas
A música, o teatro e as visitas teatralizadas dan máis contido ás Torres do Allo
A exposición dos 100 pazos e o novo escape room forman parte do completo programa de dinamización das Torres do Allo.

Pero hai moitas máis cousas que facer este verán no pazo máis antigo de Galicia.

Volven as visitas teatralizadas dos Quinquilláns

Francisca Rioboo Álvarez (Tero Rodríguez) e Víctor López Seoane (Lucho Penabade) reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.

Comparten cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes e tradicións labregas mais tamén as preocupacións do seu tempo como a emigración , a ciencia ou a decadencia da fidalguía. Como bos veciños fanlle homenaxe a Enrique Labarta Pose, grande escritor satírico do que escenifican algúns poemas e escenas contidas en A Festa da Patrona de Tabeirón ou o afamado Tío Miseria e outros contos. Estas visitas teatralizadas realizadas por Os Quinquilláns daranse todos os domingos de Xullo e Agosto ademáis do 3 e o 10 de Setembro. Comezan ás 19:30 cunha duración de unha hora.

Teatro, música e xigantes

Outra das propostas singulares é da Gárgola no rural, un espectáculo que pretende devolver parte da nosa memoria esquecida: as cantigas, os bailes, os retrousos, as lendas e os contos populares. O sábado 8 de xullo desenvolverase o espectáculo ás 19:00 horas e ademáis haberá un obradoiro para os rapaces e rapazas onde terán que contruir un xigante.
Comezará ás 17:00 horas e será preciso inscribirse contactando aos centros socioculturais de Baio ou Zas (981 718 056 / 981 751 398) ou nas Torres do Allo (655 71 67 43 / [email protected]).

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios