![Os alumnos de Baio representaron cinco obras de Labarta Pose]()
Os alumnos de Baio representaron cinco obras de Labarta Pose
Ainda co bo sabor de boca que deixou a I Mostra de Teatro Afeccionado o auditorio do centro sociocultural de Baio encheuse onte de novo de arte escénico da man dos nenos e nenas do
CEIP Labarta Pose. O seu motivo era rendirlle unha homenaxe ao escritor da vila que lle dá nome ao centro de ensino polo que representaron algunhas das súas obras. "Non hai mellor vida que a do labrego"; "A lingua pequena"; "Pobre gaiteiro de Baio"; "O tío Sanfona" e "Que me enterren aló, lonxe!" foron os traballos representados polos alumnos.
Unha vez que os rapaces remataron as súas interpretacións tivo lugar a entrega de premios do VIII concurso de Marcapáxinas organizado polas bibliotecas públicas de Zas. O acto contou coa presenza do alcalde,
Manuel Muíño.
![O alcalde de Zas, Manuel Muino, fixo a entrega dos premios do concurso de marcapaxinas]()
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, fixo a entrega dos premios do concurso de marcapáxinas organizado polas Bibliotecas Municipais
Aldara Trillo Canto - do CEIP Labarta Pose de Baio - e Lucía Suárez González - do CPI de Zas - foron as gañadoras da categoría A (ata 5 anos). Dentro da categoría B ( que incluía dende 1º ata 5º de Primaria) as gañadoras foron Claudia Lema Rial, do colexio de Baio, e Lorena Martínez Calo do de Zas. E na categoría C, dende 6º de Primaria ata 4º da ESO) o premio foi para Leticia García Fernández do CEIP Labarta Pose e Paula Suárez Santos, de Zas. O premio consistiu nun lote de libros.
O concurso de marcapáxinas é unha das actividades que se enmarcan dentro do
amplo programa cultural organizado pola concellería de Cultura de Zas para o mes de maio e que se centrou en ofrecer diferentes actividades musicais, de contacontos, entre otras, centrándose na
obra de Manuel María - o autor homenaxeado no día das Letras Galegas - e dirixidas principalmente aos centros educativos do municipio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas