Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O alumnado de Baio recupera a "aldea"

O alumnado de Baio recupera a "aldea"
O alumnado de Baio recupera a "aldea"

 Alumnado do IES de Baio, armadanzas do proxectos Ao Son do Rural O ano pasado foi Baio móvese ao son delas. Este ano a chave de empoderamento vai en clave rural, en clave de “aldea”, a palabra que reivindicou Xurxo Souto como símbolo de identidade. E de progreso, e de cultura, e de movemento. Non de “vello pailán” como aínda está percibida dende os ollos dos “cosmo-paletos” urbanitas... Este sábado tiña lugar a presentación do proxecto “Ao Son do Rural”, o novo proxecto do alumnado do IES Maximino Romero de Lema. Un proxecto completo cunha serie de accións que ademais pretenden implicar ao resto dos axentes sociais do Concello, e que sexa a comunidade escolar a que tire da vila é absolutamente esperanzador.

Muiñeira infantil no IES de Baio A sesión comezaba co baile dun par de muiñeiras coa xente das asociacións Adro de Baio e Castro Meda de Zas. Uns bailes que lle servirán ao alumnado de Imaxe e Son para facer un videoclip. De seguido, e xa co alumnado de Xestión Cultural e Igualdade, presentaron en sociedade, ante os medios, as familias e boa parte dos mestres, o proxecto. Un programa que fía varios eidos: volve a regueifa, a fotografía, o baile, a literatura, o patrimonio… Todo directamente pensado para poñer en valor a riqueza cultural do rural galego, da “aldea zaseira”. Unha das ideas máis potentes enmárcanse en “Ao son do Río Grande”, que consistirá en recuperar os muiños de Su Agra, os Pasos e as Quintas. Xa teñen falado cos propietarios, e botarán man das asociacións de veciños e do Concello, para sacalo adiante. Durante o faladoiro foi cando saíron esas palabras que tan ben representan o proxecto. A forza de Xurxo Souto recuperou a potencia da “aldea”. A rapaza Natalia Lema, xa toda unha escritora natural de Baíñas, compartiu as súas experiencias durante a documentación dos seus libros sobre Os Baos e sobre os riscos no agro. Manolo Rivas, natural da Marola, lembrou toda esa riqueza, lingüística sen ir máis lonxe, do rural, e lamentou por exemplo que os “cosmo-paletos” coruñeses deixasen perder o nome tradicional do barrio das “As Roseiras” pasándoo a Los Rosales… Xurxo Souto Natalia lema e Manolo Rivas escoltados por almnas do IES de Baio no proxecto Aosondorural Xurxo Souto, Natalia lema e Manolo Rivas escoltados por alumnas do IES de Baio no faladoiro do proxecto Aosondorural Para rematar, xantar organizado pola rapazada de 4º da ESO para recadar fondos para a súa excursión. Ver así o instituto un sábado, é toda unha demostración de que hai centros de ensino do rural da Costa da Morte que desbordan vida. Asi estaba este sabado o IES de Baio Asi estaba este sabado o IES de Baio  

Novas relacionadas

O alumnad do IES de Baio presentan o proxecto ao Son do Rural

Comentarios