![O-fisico-Jorge-Mira-presenta-este-venres-en-Baio-o-seu-novo-libro-A-que-altura-esta-o-ceo]()
O-fisico-Jorge-Mira-presenta-este-venres-en-Baio-o-seu-novo-libro-A-que-altura-esta-o-ceo
Jorge Mira, natural de Baio e catedrático de Electromagnestismo da USC, vén de gañar o premio nacional "Ciencia en Acción", convocado conxuntamente por varias entidades nacionais. O xurado concedeulle
ex aequo o primeiro premio na categoría de materiais didácticos de ciencias en soporte non interactivo
polo seu libro "A que altura está o ceo?", de Alvarellos Editora, que escribiu en colaboración con María Canosa e contou con ilustracións de Dani Padrón.
O xurado valorou o esforzo do físico baiés por “narrar a historia da loita do ser humano por entender as dimensións do universo” a través de 130 páxinas de material educativo, “ben ilustrado e moi interesante”. Entre os argumentos para a concesión do galardón, Ciencia en Acción fai notar tamén que o volume deu lugar a unha das actividades do proxecto eduMOTIVAcon da Xunta de Galicia en colexios e institutos galegos, sendo programado como libro de apoio en moitos deles.
![]()
Nesta mesma edición, Jorge Mira acadou tamén unha
mención de honra na categoría de divulgación científica en prensa, radio e televisión pola súa colaboración no programa Longitud de onda, de Radio Clásica - Radio Nacional de España.
Premios anteriores
Jorge Mira gañara xa este premio nos anos 2000 e 2005 por traballos en televisión, sendo finalista ou mención de honra noutras cinco ocasións. Ademais, en 2010 Ciencia en Acción concedeulle a Medalla de Honra polo conxunto da súa traxectoria.
Promoven esta iniciativa o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Real Sociedade Española de Física, a Sociedade Xeolóxica de España, a Universidade Nacional de Educación a Distancia, a Fundación Lilly, a Fundación Privada Cellex, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Astronomía e a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- USC