Venres. 26.04.2024
El tiempo

O concello de Zas convoca unha reunión coas familias afectadas polos recortes no servizo de pediatría

O concello de Zas convoca unha reunión coas familias afectadas polos recortes no servizo de pediatría
Co fin de abordar os seguintes pasos a dar, o concello de Zas vén de convocar unha reunión coas familias afectadas polos recortes que sofre dende o pasado mes de xuño o servizo de pediatría dos Centros de Saúde de Zas e de Baio. O encontro terá lugar este venres ás 21:30 horas no Centro Sociocultural de Zas e o alcalde, Manuel Muíño Espasandín, dará conta na reunión das distintas xestións realizadas na Xunta de Galicia que segundo sinalan dende o goberno municipal "é a administración competente en materia sanitaria". Dende o pasado mes de xuño,  o Sergas - Servizo Galego de Saúde – reduciu de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría que se reparten semanalmente entre os centros de saúde de Baio e de Zas. Esta medida non só afectou ao municipio de Zas, se non que na comarca hai máis municipios afectados tales como Coristanco, Malpica ou Carballo, entre outros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/familias-e-concello-abren-unha-recollida-de-firmas-para-recuperar-un-servizo-de-pediatria-digno/ “O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios