![cabana-tradicional-carreira-zas]()
Os membros da asociación O Santiaguiño de Carreira construiu recenemente unha cabana de palla tradicional. Imaxe: Evaristo Domínguez
A parroquia de Carreira é a protagonista da nova entrega de "Zas polo miúdo", un programa de información en liña posto en marcha pola Concellería de Cultura do concello de Zas para dar a coñecer “polo miúdo” a riqueza natural e cultural de cada unha das dezaseis parroquias que compoñen o municipio.
![]()
Nesta entrega que reside na
web municipal pódese atopar os principais datos demográficos e xeográficos da parroquia de Santiago de Carreira. Neste repaso pola freguesía tamén se fai unha mención especial ao movemento asociativo, especialmente á
asociación O Santiaguiño que traballou pola recuperación do cultivo do liño, a construción dunha praia fluvial, a cría de cabalos no somonte de Pico de Meda, a festa da praia, a rapa das bestas e tamén restaurou unha casa de pedra que a día de hoxe se utiliza como local social. Precisamente este movemento social foi o tema elixido por unha antropóloga canadense - Sharon R. Roseman - que máis tarde publicou o libro “O rexurdimento dunha base rural no concello de Zas. O Santiaguiño de Carreira” (Edicóns Baía, 2008). Outro dos traballos que realizaron recentemente os membros desta entidade foi unha cabana tradicional con palla de millo – situada preto da igrexa –.
Esta
iniciativa - na que xa se repasaron once das dezaseis parroquias do Concello de Zas - conta coa colaboración dos historiadores Evaristo Domínguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez.
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte