sábado. 03.05.2025
El tiempo

O PP critica a xestión do servizo de axuda no fogar de Zas

O PP critica a xestión do servizo de axuda no fogar de Zas
O representante do PP de Zas - David Gómez - vén de criticar a xestión do servizo de axuda no fogar realizada polo goberno municipal durante os pasados meses de setembro e outubro. Segundo indican os populares, unhas quince familias do municipio estiveron en lista de espera "por culpa do goberno local". Gómez sinala que o 1 de setembro, a consellería de Política Social concedeulle 519 horas máis a Zas para a prestación deste servizo ás persoas en situación de dependencia. "A principios do mes de novembro, empeza a regularizarse a situación para algunhas destas persoas, seguindo outros usuarios esperando" sinalan os populares. O equipo de David Gómez cuantificouno como "unha perda de máis de 1.000 horas de atención e de preto de 10.100 euros, xa que cada hora de atención e subvencionada pola Xunta de Galicia con 9,70 euros", sinalan nunha nota de prensa remitida onte.  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios