O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas
08:42 07/06/18
Dende esta semana o especialista en medicina interna presta asistencia en días alternos en Zas e en Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas
Non é a primeira vez que os centros de saúde da Costa da Morte teñen problemas co servicio de pediatría. E menos os de Baio e Zas que vén como nos últimos meses a calidade do servizo está baixando considerablemente. Despois de que no pasado mes de xaneiro o posto quedase as familias atópanse agora con outro problema. Así, dende esta semana o especialista en medicina infantil presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas cando ata o de agora o facía de 08:00 a 15:00 horas.
“Descoñecemos os motivos polos que se recortan 20 horas na atención de pediatría” sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen espera obter esta mesma semana unha resposta do Sergas sobre os motivos desta redución así como a duración da mesma. “Queremos saber por que se fixo esta redución de horas neste servizo así como saber se é unha medida puntual ou definitiva”, indica Muíño.
Urxencias
A situación agrávase nas horas nas que non está dispoñible o servizo de pediatría en Zas xa que as familias vense obrigadas a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar calquera problema propio da atención primaria. Ademais esta situación
causa un dobre malestar entre as familias xa que “se teñen que ir ao PAC de Vimianzo enredan polo menos unha hora cando da outra forma poderían solucionalo en dez minutos o que en moitas ocasións lles obriga botar man dos avós ou de terceiras
persoas”, sinala o alcalde.
Manuel Muíño esixe que por parte da Xunta, que é a administración competente en materia sanitaria, se adopten as medidas precisas para que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen.
Reclamacións
Son varios os pais e nais que decidiron tomar cartas no asunto e decidiron presentar reclamacións ante o Sergas. "Se seguimos así chegará o momento en que nos quiten o servizo de pediatría", sinala unha das nais afectadas.
Novas relacionada
- 12-01-18: O concello de Zas denuncia o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus centros de saúde
- 23-10-17: Zas continúa sen pediatra a pesar das escusas do PP
- 20-10-17: O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde:
- 07-04-16: Búscanse pediatras, de verdade, para Cee
- 2015: A Xunta non cobre a praza de Pediatría en Mazaricos porque “non hai especialistas en lista”.
- 04-09-15: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.
- 07-04-14: 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- 26-03-14: Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública.
- 19-03-14: 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
- 2011: “Queremos pediatra tódolos días en Laxe”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])