Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Valedor do Pobo pídelle información ao concello de Zas polos contratos municipais

O Valedor do Pobo pídelle información ao concello de Zas polos contratos municipais
requerimento valedor zas Requerimiento remitido polo Valedor do Pobo David Gómez, portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Zas, insta ao alcalde - Manuel Muíño - a que “cumpra a lei” e remita a información requirida polo Valedor do Pobo sobre os contratos do servizo de axuda no fogar, a recollida de lixo e o servizo de limpeza dos diferentes edificios municipais. Os populares lembráronlle a Muíño que "como rexedor de Zas ten a obriga de presentar esta documentación despois de que o Valedor do Pobo a requirira tras a petición do PP o pasado novembro". Pola súa banda, o alcalde - Manuel Muíño - asegura que "calquera queixa ante o Valedor segue este procedemento, polo que é un trámite totalmente normal que non significa que o Valedor lles dea a razón en nada". Por este motivo, indica que dende o goberno municipal lle van a contestar ao requirimento ainda que "non pasaría nada por que non se conteste, pero tampouco temo por que non contestarlle". "É evidente que nalgúns casos o que intentan os membros do grupo popular é entorpecer pedindo informes cando ten a posibilidade de recoller a información dentro da súa potestade de concelleiro", asegura Manuel Muíño. Manuel Muíño quítalle importancia ao asunto e asegura que "se o principal problema que temos en Zas é non darlle a información pois significa que a xestión municipal funciona moi ben". Falta de transparencia Para o portavoz do grupo popular, a resposta do Valedor do Pobo demostra “unha vez máis, o talante democrático do alcalde e a transparencia na xestión do concello de Zas brillan pola súa ausencia”. Ademais, Goméz subliña que Muíño ten xa unha carta do Valedor do Pobo na que lle urxe, pasados os quince días de prazo, a enviar toda a documentación que posúa sobre estes contratos. Para o portavoz popular, que o alcalde non cumpra coas súas obrigas é un “exemplo máis” da forma de facer política que se instaurou desde hai anos no concello de Zas. “O alcalde cre que pode facer e desfacer as cousas sen dar explicacións a ninguén, pero nós non llo imos consentir”, afirma Gómez. Información pública O portavoz dos populares explica que, no caso da recollida de lixo, no perfil do contratista da páxina web do concello só figura, con data do 6 de maio de 2011, a publicación da licitación do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación mediante procedemento aberto e tramitación urxente do servizo de lixos. Con todo, o popular explica que, días máis tarde, concretamente o 13 de maio, o goberno local publica que se desestima este procedemento de contratación por apreciar no prego erros no relativo ao IVE e á subrogación do persoal. “É sospeitoso que non exista publicación algunha sobre a prestación deste servizo, e tamén chama a atención que a empresa que o presta posteriormente estea relacionada coa anterior, pois comparten o mesmo domicilio social”, denuncia Goméz. No que fai referencia ao contrato de axuda no fogar, o portavoz popular asegura que non consta ningún tipo de publicación que faga referencia á licitación do devandito contrato. “Podemos saber, con todo, o nome da empresa que está a prestar este servizo porque así o recoñece na súa páxina web”, apuntou o portavoz. Por outra banda, Goméz fixo fincapé tamén en que non hai ningunha documentación referida aos contratos para a limpeza dos edificios municipais, salvo dúas contratacións do 2009 que afectan á adxudicaciónprovisional do servizo de limpeza, mantemento e vixilancia do pavillón polideportivo cuberto de Zas; e outro que afecta á adxudicación provisional da limpeza dos colexios públicos Labarta Pose de Baio. “Sorprendeunos que, con data de setembro de 2016, o concello licitase un contrato de limpeza dos edificios municipais, pero que non afecta a todos os inmobles”, indica Gómez. Novas relacionadas Fonte

Comentarios