Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Obras de saneamento con fondos provinciais para Camariñas e Zas

Camariñas. Sandra Y Valentin
A alcaldesa camariñá Sandra Insua e o presidente da Deputación Valentín González Formoso
Obras de saneamento con fondos provinciais para Camariñas e Zas

Anuncia hoxe a Deputación varias actuacións na Costa da Morte, nos Concellos de Camariñas e Zas, tras ser aprobadas no pleno do pasado venres

Por un lado, falamos das obras de reurbanización das céntricas rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández. A actuación, que está valorada en 128.346,03 euros dos que a Deputación aportará 102.676,82 euros, o 80% do orzamento, centrarase na pavimentación das rúas citadas. Para isto, aplicarase un novo firme de formigón armado na rúa Ramón Noguera e de aglomerado asfáltico en Irmáns Fernández, material que tamén se usará para o entronque coa Avenida da Coruña.
Non faltará a previa execución da rede de saneamento.

Paralelamente, e cos fondos do Plan Único, dotaranse 88.257 euros para a instalación da rede de saneamento aos núcleos de Pedrapadreiro, Marán e Campos, no concello de Zas. As actuacións a realizar nestes lugares da parroquia de Muíño están en fase de licitación ata o 10 de abril.

Comentarios