Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os coles de Carballo e Zas cantan á inclusión e contra a violencia de xénero

Os coles de Carballo e Zas cantan á inclusión e contra a violencia de xénero
Xarope Tulu con Alouminos no CEIP A Cristina Baixa Xarope Tulú con Aloumiños no CEIP A Cristina Baixa

Boas as iniciativas escolares que se están levando a cabo esta semana. Por Carballo, Aloumiños, que celebra este venres o seu gran festival IncluSÓN na Biblioteca Rego da Balsa, está celebrando o Día Internacional da Diversidade Funcional polas escolas. Ademais, en Zas, continuou durante a semana a campaña de sensibilización contra as violencias arredor do 25N.

IncluSÓN polas escolas

A compañía Xarope Tulú acompañada de Claudia Fabiana, presidenta de Aloumiños, estiveron onte nos colexios A Cristina e Gándara-Sofán como parte do Festival IncluSÓN e como celebración do celebrar o día Internacional da Diversidade Funcional (3 de decembro). reflexións en forma de contos e música sobre o que significa a inclusión e o importante e enriquecedor que esta é para todas as persoas que formamos as comunidades educativas e a sociedade en xeral.

Hoxe venres será o turno do CEIP Nétoma-Razo e a gran cita, ás 18h na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo (aínda quedan convites para participar na actividade neste momento e agardecemos a difusión da actividade ).

Máis #25N en Zas

Apatacon_IES Baio2 Apatacon no IES Baio actuando no marco do 25NVero Rilo e Paula Romero, Apatacón no IES de Baio Vero Rilo e Paula Romero, Apatacón no IES de Baio

Despois da conmemoración do Día Intenacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas, que tivo lugar o pasado domingo 25 de novembro, o Concello de Zas continúa organizando actividades de sensibilización entre a veciñanza que se enmarcan no programa “En Negro contra as Violencias”.

A pasada mañá de xoves volveu a ser o turno dos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema e do CPI de Zas que asistiron ao espectáculo músico-teatral “Por unha peseta” de Apatacón; un grupo de recente creación formado por Vero Rilo e por Faia Díaz (ainda que hoxe a sustituíu Paula Romero). Cunha linguaxe que non deixou indiferente a ningún dos máis de 100 estudantes e cunha esencia propia, as dúas artistas contaron (e cantaron) varias historias sobre o valor das cousas e das pesetas en particular.

Outra das actividades que están programadas é o obradoiro “Escoita o meu son”, do programa “Quen dixo medo da Deputación da Coruña”, dirixido ao alumnado de 3º da ESO do IES de Baio e do CPI de Zas e que se desenvolverá no mes de xaneiro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alouminos-leva-as-aulas-o-festival-incluson/ https://quepasanacosta.gal/25n-concellos-e-escolares-demostran-a-maior-implicacion-da-costa-da-morte-na-loita-contra-as-violencias/

Comentarios