Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Os estudantes sénior gradúanse

Os estudantes sénior gradúanse
universidade-senior-baio Máis de 60 alumnos e alumnas participaron durante os meses de abril e maio no programa da Universidade Senior da UDC na Costa da Morte Un total de 122 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, entre eles os participantes no programa desenvolvido nos meses de abril e maio pola Univeridade Sénior na Costa da Morte, recibirán o próximo venres 8 de xuño os seus títulos de graduado ou graduada Sénior pola Universidade da Coruña no Paraninfo do Reitorado. O acto de graduación estará presidido pola vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga, e que contará tamén coa participación da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e o subdirector e responsable do campus de Ferrol, Alberto Sucasas Peón. O acto de graduación contará coas intervencións tamén dos docentes elixidos padriños da promoción, así como dos dous delegados elixidos polos alumnos e alumnas que se gradúan nos respectivos campus da Coruña e Ferrol. O coro da asociación de alumnos e alumnas da Universidade Sénior da Coruña (ADAYEUS) será o encargado de interpretar o Gaudeamus Igitur e o himno galego. Neste acto de graduación tamén serán entregados os diplomas aos mais de 60 alumnos e alumnas do Programa de Formación Universitaria para maiores de 50 anos da Costa da Morte que este ano académico promoveu a Universidade Sénior, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte”, polo que o seu presidente, o alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandín participará tamén no acto académico. Novas relacionadas A primeira andaina da Universidade Sénior botou o peche Os maiores volven ás aulas da universidade Fonte

Comentarios