Luns. 01.06.2020
El tiempo

Os maiores volven ás aulas da universidade

Os maiores volven ás aulas da universidade
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156110236057177/?t=7

Así arrincaba a Universidade Sénior da Costa da Morte. Esa aposta da Universidade da Coruña pola democratización e deslocalización da formación universitaria. O Centro Sociocultural de Baio acollía a posta en marcha Programa Universitario para Maiores de 50 anos que se desenvolverá durante os meses de abril e maio.

Onte estiveron ante os máis de 60 inscritos a Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; e a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, acompañados polo Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín, que representou tamén á Deputación da Coruña en calidade de Deputado.

Presentacion da Universidade Senior na Costa da Morte Presentación da Universidade Senior na Costa da Morte

Vázquez deixou claro que o título “Compartir experiencias e coñecemento” ten moito sentido, porque neste caso os nosos maiores son pioneiros nesta inciativa da UDC e as súas aportacións serán fundamentais para o futuro do programa.

Quedan dous meses de intensa formación, con 3 seminarios tremendamente interesantes e algunha saída, que farán que os nosos maiores volvan disfrutar do pracer de aprender ca pizarra e a libreta.

Universidade Senior na Costa da Morte Alumnos da Universidade Senior da Costa da MOrte Alumnos da Universidade Senior da Costa da MOrte Primeira sesión informativa da Universidade Sénior da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

comentarios