Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte

Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
Mabel Montes, na presentación dos I Premios Fouciño Mabel Montes, na presentación dos I Premios Fouciño

Convertiuse Baio na capital audiovisual galega para unha fin de semana. A proxección de contar con persoeiros como o director Jorge Coira ou a xornalista Mabel Montes entre o elenco de invitados e organizadores permitiu que os I Premios Fouciño atravesasen fronteiras e se escoitasen por todo o país.

A sempre arriscada aposta pola creatividade da xente de Adro, e de todo o pobo baiés, deixou grandes momento que quedarán nas lembranzas de moitos. Sobre todos dos mozos participantes nun certame de curtas escolares que tan ben lle fai á mocidade, con temas case sempre comprometidos.

Arrincaba o festival coas as charlas nos Institutos, fundamentais para sementar ese gusto polo audiovisual á rapazada. E non só a de Jorge Coira desta fin de semana, se non tamén esas que fixeron Víctor de Mira e compañía durante as pasadas semanas, promocionando o festival e animando a alumnos, e mestres, a participar no certame.

Jorge Coira no Instituto dando charlas Jorge Coira no Instituto dando charlas

Foi unha fin de semana de pequenos espazos para grandes cousas. Nunha zona como a Costa da Morte non serven grandes auditorios, e cómpre prantexar a escea nun espazo reducido, pero de calidade. Así, varios, o salón da Casa Ovidio, a Casa Rogelio, a Barbería José, ou esa limusina que levou aos veciños do rural ao Las Vegas soneirán, convertíronse en salas ideais para as proxeccións, que completaron o escenario desa carpa instalada na Praza Rial, e que serviu para as grandes citas, como a entrega de premios brutal festa de peche cos concertos do vimiancés Serj, dos pontecesáns Not Only Shills, e dos inclasificables vigueses IGMIG. Espectacular estiveron todos, cun Serj que segue mellorando e cada vez está máis impresionante, os rapaces moi vibrantes e os vigueses tremendamente animados e simpáticos.

Mesa redonda nos Premios Foucino Mesa redonda nos Premios Foucino

Antes, o toque kitsch púñao a Casa Ovidio, antigo restaurante e á súa vez salón de conferencias, o cal recuperou o seu esplendor de antano, cando as súas paredes inzabaa de cadros recibían a miúdo ilustres personalidades. Os seus maniquís foron convidados de pedra á interesantísima mesa redonda coas xentes da web serie PIB - Produto Interior BRUTO, que xa estivo no Interplay carballés, con Fran Estévez, Dani D. García ou Xacio Baño. Unha charla tremendamente interesante con xente que traballa ao máximo nivel en Galicia. Mágoa que a misa do Corpus "roubase" asistencia…

Pola tarde, tocaba outra proxeccion especial do documental "Illados", protagonizado polo Rubio de Camelle, que estivo presente como o bo de Serj, autor da banda sonora e que puxo a súa música en directo para darlle un toque máis auténtico á proxección.

En Casa Rogelio tamén estiveron proxectando cortos e a bodega encheuse a rebentar de 18:00h a 20:00h para o certame.

Grandes creacións

Pendentes de que a organización suban por fin á rede o xérmolo de todo isto (aquela curta feita nos anos 90 pola mocidade baiesa que se chamana Fouciño Sanguento), xa podemos deixar aquí algunha das curtas participantes. Esperamos pola gañadora do certame aberto, o "We are cattle" creado en Madrid por xentes de nivel profesional.

En casa quedaron os outros dous premios. A gañadora da categoría de institutos, 'A sombra do que fun', foi do IES Maximino Romero de Baio, que tamén conseguíu o premio do público con este traballo sobre a violencia de xénero.

 

Satisfacción

Quedou encantada a organización con esta primeira edición. Non houbo que lles conseguíu poñer un "pero", nin un fallo técnico, nin nada que reprochar, máis que felicitar polo traballo ben feito. "Toca descansar un pouco e xa ir pensando no ano que vén", recoñece Víctor de Mira.

Organizadores dos Premios Foucino Algúns dos membros da irganización dos Premios Fouciño de Baio  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios