Os veciños de Zas completa de novo o Camiño
Non parar de camiñar. Os peregrinos do Concello de Zas repetiron estas pasadas semanas o Camiño de Santiago, no seu treito Santiago-Fisterra-Muxía. E non é a primeira vez, xa que o pasado es de xuño foron 80 veciños os que chegaron ao km.0, mentres que o pasado ano se facían coa compostelana. Todo, fin de semana a semana.
O Camiño deste outono foi completa. Este pasado sábado tivo lugar a derradeira etapa do camiño de Fisterra a Muxía na que participaron 70 persoas do Concello de Zas, acompañadas polo alcalde, Manuel Muíño. Os participantes percorreron os 16 kilómetros que separan Lires de Muxía, onde recolleron a Muxiana que os acredita como peregrinos. Despois de visitar o Santuario da Virxe da Barca, celebramos un xantar de confraternización, dando por rematada unha andaina que iniciamos fai un ano en Sarria, que nos levou a Santiago , despois a Fisterra e finalmente a Muxía.
O sábado anterior, 8 de outubro o grupo realizaba a penúltima das etapas do camiño de Fisterra a Muxía, na que percorremos os 17 km que separan o Faro de Fisterra do pobo de Lires.
Novas relacionadas
- 15-06-11: Os peregrinos de Zas xa chegaron ao Km.0.
- Camiño 2010: O pobo de Zas xa ten a compostelana..
- José A. De la Riera: "O Camiño é universal".
Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII: Lendas, tradicións, soños... emocións (I).
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (II). O Apóstolo e as cidades "asolagadas ou alagadas.
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Zas.