Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Pavillón de Zas acolle o Campionato pre-Estatal

“Será esta unha oportunidade para demostrar que si se poden traer eventos e campionatos de nivel a esta comarca”, aseguran dende Zas
Xuntos AD Zas e Rábade contra a violencia machista
Foto de arquivo da familia do tenis de mesa de Zas o 25N do ano pasado
O Pavillón de Zas acolle o Campionato pre-Estatal

Os vindeiros días 5, 6, 7 e 8 de decembro terá lugar no pavillón municipal de Zas o campionato pre-estatal de tenis de mesa. Unha cita co mellor do tenis de mesa do estado, no que se darán cita os 164 xogadores e xogadoras que se inscribiron para este evento. Son das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, senior e veteranos tanto masculina como femenina os cales intentarán clasificarse para o Estatal que é o máximo campionato por categorías do territorio nacional. por eso os mellores de cada categoría intentarán acadar a súa clasificación para dito torneo.

E todo baixo os estrictas medidas de seguridade para previr os contaxios do covid-19, que non serán nada novo para os practicantes federados deste deporte, pois na nosa comunidade xa levan competindo dende o 17 de outubro con cero contaxios grazas a seguir uns protocolos de prevención que dictan a Xunta, a federación galega de tenis de mesa, os concellos onde se compite e os propios clubes. Nelas destacamos a distancia, que en tenis de mesa é doada de facer, a desinfección do material e superficies e a mascarilla, que se usa sempre que non se estea xogando na área de xogo asignada.

Así, na pista de mais de 1200 metros cadrados so se montarán 12 mesas e a competición de cada xornada estará dividida en mañá e tarde coa entrega de trofeos as 14 h e as 19 h para que os xogadores que participen pola mañá non o fagan pola tarde e viceversa.

A organización e o control do evento correra a cargo da federación galega de tenis de mesa e contará coa inestimable colaboración do Concello de Zas e do equipo zasence de tenis de mesa o AD Zas.

Comentarios