Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía

Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía
Moita xente pola ruta no baio ten a Pelota Moita xente pola rúa no baio ten a Pelota Volveron as pelotas amarelas tomar Baio. E os descontos, e as tapas, e as ofertas, e o tren turístico… A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, co Concello de Zas, armaron unha nova edición da campaña Baio ten a pelota, un xeito de dinamizar o tecido económico da vila zaseira. Foron un total 60 comercios e bares os que se uniron a esta campaña que trata de paliar a baixada de consumo que sofre Baio dende a apertura da Autovía.

Foi o tempo tamén un pequeno inimigo para encher as rúas de xente, pero a sensación entre os comerciantes é que houbo moito máis movemento que unha fin de semana calquera.

"Arrasamos a pesar do tempo"

"Xenial, fantástica, foi unha fin de semana espectacular". Así o entende a presidenta dos Empresarios baieses, que recoñece que o "sábado pola mañá tiñamos unha gran depresión pola chuvia. Pero o que non se traballou pola mañá, si se traballou pola tarde, e comercios e bares remontaron cando amainou a chuvia e vivimos uns días moi completos", conta Tatiana Rodríguez.

Ata pasada a media noite, había cheo completo nos bares e non había sitio para aparcar en todo Baio: E o domingo tamén a xente respondíu moi ben, mañá e tarde, e a todos nos tocounos traballar arreo, pero de traballar non se queixa ninguén", comenta unha satisfeita Tatiana que considera que "Baio foi un ligar turístico esta fin de semana". Explica que "temos moito que agrader o ver que a xente responde a estas actividades que dan moito traballo. Empezaron polos veciños, que xa son os nosos clientes habituais, pero que son os primeiros en implicarse e saír de tapas, de compras... Pero é que ademais vimos xente de toda a Costa da Morte, que son o noso gran público obxectivo. É certo que houbo algunha xente de Coruña, Carballo... pero sobre todo vimos xente de Vimianzo, Camelle, Camariñas, Cee, Ponteceso... moita xente da Costa da Morte".

Moita xente pola ruta no baio ten a Pelota Moita xente pola rúa no baio ten a Pelota

O sábado empezou con forza, con moitos postos e bo ambiente nas rúas. A medida que pasaba a mañá a choiva obrigou a suspender algunhas actividades, como os inchables, e mesmo se fixo que algún que outro posto prefiríu recoller o “telderete”.

Pero os importantes descontos e a fantástica ruta dos Pinchos superou as espectativas de moitos que non puideron fallar á cita. De feito, os bares estiveron "a tope" gran parte do día grazas aos traballados pinchos e nos comercios tamén houbo moito movemento.

Xa o domingo, a climatoloxia permitiu que as rúas se vestisen de gala, que saísen os inchables ao aire libre e que os pequenos puidesen acompañar aos maiores á hora das compras.

Autocaravanas Costa da Morte estivo presente no Baio ten a pelota Tren turistico e pelotas amarelas no Baio ten a pelota Tren turistico e pelotas amarelas no Baio ten a pelota

Ruta dos Pinchos

Os Puntos Vertmellos, en agosto

E non teñen parada os membros da Directiva da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. Xa están preparando o cambio das pelotas amarelas polos puntos vermellos, que volverán encher Baio de ofertas e tapas a fin de semana do 5 e 6 de agosto.

  Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios