mércores. 08.07.2026
El tiempo

O prestixioso 'Aida Piano Trío' leva a mellor música de cámara ás Torres do Allo

Aida Piano Trio
O prestixioso 'Aida Piano Trío' leva a mellor música de cámara ás Torres do Allo

Zas continúa coa súa intensa programación cultural de verán nas Torres do Allo, que se preparan para acoller unha das citas máis distinguidas da tempada. O vindeiro sábado 11 de xullo, ás 19:00 horas, o pazo será o escenario do concerto de Aida Piano Trío, unha formación que está a consolidar a súa presenza na primeira liña da música de cámara europea e que ofrecerá unha experiencia artística única combinando cultura e patrimonio.

O trío, integrado por Esther Zaglia (violín), Clélia Le Bret (cello) e Sofía Medina (piano), é amplamente recoñecido pola sensibilidade das súas interpretacións e a súa capacidade para conectar co público. Formado no prestixioso Royal College of Music de Londres, o grupo continuou perfeccionándose na Stauffer Academy de Cremona (Italia) baixo o mestrado de Bruno Giuranna, e refinando a súa identidade artística coa guía de figuras da talla de Danny Driver, Dina Parakhina ou Alexander Chaushian.

Para a súa presentación nas Torres do Allo, Aida Piano Trío deseñou un repertorio coidadosamente seleccionado que convida ao público a realizar unha viaxe musical a través de diferentes estilos e épocas, espremendo ao máximo a acústica e a maxia dun contorno arquitectónico singular.

Comentarios