Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía


Foi o tempo tamén un pequeno inimigo para encher as rúas de xente, pero a sensación entre os comerciantes é que houbo moito máis movemento que unha fin de semana calquera.
"Arrasamos a pesar do tempo"
"Xenial, fantástica, foi unha fin de semana espectacular". Así o entende a presidenta dos Empresarios baieses, que recoñece que o "sábado pola mañá tiñamos unha gran depresión pola chuvia. Pero o que non se traballou pola mañá, si se traballou pola tarde, e comercios e bares remontaron cando amainou a chuvia e vivimos uns días moi completos", conta Tatiana Rodríguez.
Ata pasada a media noite, había cheo completo nos bares e non había sitio para aparcar en todo Baio: E o domingo tamén a xente respondíu moi ben, mañá e tarde, e a todos nos tocounos traballar arreo, pero de traballar non se queixa ninguén", comenta unha satisfeita Tatiana que considera que "Baio foi un ligar turístico esta fin de semana". Explica que "temos moito que agrader o ver que a xente responde a estas actividades que dan moito traballo. Empezaron polos veciños, que xa son os nosos clientes habituais, pero que son os primeiros en implicarse e saír de tapas, de compras... Pero é que ademais vimos xente de toda a Costa da Morte, que son o noso gran público obxectivo. É certo que houbo algunha xente de Coruña, Carballo... pero sobre todo vimos xente de Vimianzo, Camelle, Camariñas, Cee, Ponteceso... moita xente da Costa da Morte".

O sábado empezou con forza, con moitos postos e bo ambiente nas rúas. A medida que pasaba a mañá a choiva obrigou a suspender algunhas actividades, como os inchables, e mesmo se fixo que algún que outro posto prefiríu recoller o “telderete”.
Pero os importantes descontos e a fantástica ruta dos Pinchos superou as espectativas de moitos que non puideron fallar á cita. De feito, os bares estiveron "a tope" gran parte do día grazas aos traballados pinchos e nos comercios tamén houbo moito movemento.
Xa o domingo, a climatoloxia permitiu que as rúas se vestisen de gala, que saísen os inchables ao aire libre e que os pequenos puidesen acompañar aos maiores á hora das compras.




Ruta dos Pinchos


Os Puntos Vertmellos, en agosto
E non teñen parada os membros da Directiva da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. Xa están preparando o cambio das pelotas amarelas polos puntos vermellos, que volverán encher Baio de ofertas e tapas a fin de semana do 5 e 6 de agosto.
Máis información- Facebook Actívate en Baio.
Novas relacionadas
- Maio 2017: As pelotas amarelas volven a Baio.
- Maio 2017: En maio, Baio volve ter a pelota dos descontos
- Maio 2016: Baio tínguese de amarelo.
- Maio 2015: Uns premios de pelotas en Baio.
- Redacción QPC ([email protected])