Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Presentado o libro “Zas polo Miúdo”, un referente para a recuperación da memoria das parroquias

Audiencia na presentacion do libro Zas polo miudo
Evaristo Domínguez, Xosé María Lema, Xosé Regueira, Lolo Muíño e Manuel García Velo na presentación do Zas polo Miúdo.
Presentado o libro “Zas polo Miúdo”, un referente para a recuperación da memoria das parroquias

Xa temos visto o “Zas polo miúdo” a través da rede. Pero é certo que era un proxecto que merecía papel, merecía o peso dun libro.

Da man de Manuel García Velo, o anterior concelleiro de Cultura, e con Xosé María Lema Suárez e Evaristo Domínguez, nacía en 2015 esta aposta polo patrimonio, que serve de referente para que o resto de concellos continúen na recuperación da memoria das súas parroquias.

Despois da presentción institucional do alcalde e do ex concelleiro, Evaristo Domínguez pasou a expoñer durante 15 minutos e con imaxes ilustrativas a estrutura do estudo de cada parroquia (relevo, hidrografía, demografía, toponimia, aspectos artísticos e monumentais, aspectos históricos, persoeiros notables etc.) e Xosé M” Lema fixo o mesmo durante o mesmo tempo co máis salientable do concello (monumentos megalíticos coma a Arca da Piosa, o asentamento romano de Brandomil, o patrimonio paisaxístico e natural do Bico de Meda e cursos alto e medio do río do Porto, o evento da Festa folk da Carballeira etc.).

portada libro Zas polo miúdo

Así foi a súa presentación:

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios