Reabre ao tráfico a ponte de Baio

Ponte de baio reaberta ao trafico

Cumpriuse a última estimación da Xunta, despois de moitas promesas e retrasos. A ponte de Baio está aberta dende hoxe, venres 10 de decembro. Pero aberta, sen rematar, porque a obra aínda "precisará cortes puntuais", para completar actuacións relativas ao aglomerado, ás beirarrúas ou á disposición de sinalización.

En calquera caso, a ponte estará aberta ata finalizar o Nadal para minimizar as afeccións, sobre todo ao sector do comercio e hostalería.

Foi complexa a instalación das lousas que conforman o taboleiro ampliado da ponte, unhas pezas de 12 metros de longo e con pesos que varían entre as 14 e as 25 toneladas.

 

Novas relacionadas