Reabre ao tráfico a ponte de Baio

20:11 10/12/21
Cumpriuse a última estimación da Xunta, despois de moitas promesas e retrasos. A ponte de Baio está aberta dende hoxe, venres 10 de decembro. Pero aberta, sen rematar, porque a obra aínda "precisará cortes puntuais", para completar actuacións relativas ao aglomerado, ás beirarrúas ou á disposición de sinalización.
En calquera caso, a ponte estará aberta ata finalizar o Nadal para minimizar as afeccións, sobre todo ao sector do comercio e hostalería.
Foi complexa a instalación das lousas que conforman o taboleiro ampliado da ponte, unhas pezas de 12 metros de longo e con pesos que varían entre as 14 e as 25 toneladas.
Novas relacionadas
- 26-11-21: A ponte de Baio tampouco estará aberta para a ponte da Constitución.
- 21-11-21: As asociacións de Baio esixen a reapertura inmediata da ponte.
- Novo corte de tráfico, ata o 30 de novembro, na ponte de Baio polas obras
- Xullo 21: "Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”
- Xuño 21: Comezaron as obras da ampliación da Ponte de Baio... 10 anos despois