A ponte de Baio tampouco estará aberta para a ponte da Constitución
Lanzaban o enésimo SOS a comezos de semana. E polo menos as administracións recibiron a mensaxe e promoveron unha reunión. Aínda non obtiveron o resultado esperado, si que recibiron un compromiso firme, de que a Ponte de Baio estará aberta o 10 de decembro.
Así o ratificou a Xunta nunha reunión mantida onte co alcalde de Zas, a alcaldesa de Vimianzo en presencia de numerosos axentes sociais. Participaron membros da Asociación de Veciños de A Piroga, Asociación de Veciños Tabeirón, Asociación do Automóbil de Baio - Feirauto, Asociación Cultural Adro, Club Deportivo Baio, FABA, Asociación Río Mar, Comisión de Festas e Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.
Precisamente @s empresari@s recoñecen que “os resultados obtidos non son os que queríamos as asociación pero non nos queda outra que aceptar a nova fecha con moita resignación”.
A reapertura lévase meses retrasando, e aínda a última data prevista era a do 30 de novembro. “Para nós non é a mellor nova xa que perdemos todo o tráfico rodado dunha data tan importante como é a ponte da Constitución”, sinalan dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira ao mesmo tempo que recordan que o peche da ponte supón unha perda de máis do 50% en calquera dos seus establecementos.
Durante a xuntanza celebrada esta mañá no Centro Sociocultural de Baio abordáronse tamén outros temas como a falta de iluminación da ponte durante as obras ou as expropiacións dos terreos que se realizaron no 2011 e que aínda están sen abonar.
Novas relacionadas
- 21-11-21: As asociacións de Baio esixen a reapertura inmediata da ponte.
- Novo corte de tráfico, ata o 30 de novembro, na ponte de Baio polas obras
- Xullo 21: "Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”
- Xuño 21: Comezaron as obras da ampliación da Ponte de Baio... 10 anos despois